viernes, 23 de octubre de 2009

TROIA. A LENDA E A HISTORIA

A continuación, seredes vós mesmos quenes iredes buscando a información necesaria para profundizar neste tema. Non só aprenderemos máis cousas sobre a Troia mítica, senón tamén sobre os acontecementos históricos que se agochan detrais da lenda.
Para iso, podedes traballar individualmente ou en grupos de dous, vades  ir guiándovos por este cuestionario que eu vos deixo AQUÍ. Só tedes que buscar a información ás diferentes preguntas nas ligazóns que figuran debaixo de cada bloque e logo contestalas no mesmo documento ou á man se tedes o cuestionario impreso. Non esquezades poñer os vosos nomes e enviarmo ou entregarmo cando rematedes. Para entón seredes todos uns especialistas do ciclo troiano!

A guerra de Troia

Comezaremos por ver esta presentación (elaborada por unha profesora do Ies de Melide) para introducirnos na lenda de Troia:

BENVIDA

Salvete discipuli!
Benvid@s alumn@s de Cultura Clásica.
Nos próximos meses, este blogue vai ser o noso caderno de ruta nesta apaixoante viaxe pola tradición grega e romana. Irémolo enchendo pouco a pouco, co traballo e a aportación de tod@s. Veredes como xuntos aprendemos unha chea de cousas interesantes. Ánimo e a traballar!